gángster

gángster

(

  1. s m

    Membro dunha banda organizada dos EE UU dedicada a negocios ilícitos relacionados coa fabricación, a venda e o transporte de bebidas alcohólicas durante o período da chamada lei seca (1919), a prostitución e o xogo. As pelexas entre bandas rivais causaron un gran número de baixas. Coa abolición da lei seca en 1933, emprendeuse unha forte campaña contra o gangsterismo aínda que non se conseguiu erradicar na súa totalidade.

  2. s m

    Persoa que comete actos delitivos, normalmente dentro dunha banda criminal.

Palabras veciñas

gangrena | gangrenar | gangrenoso -sa | gángster | gangsterismo | Gangtok | gánguil