gánguil

gánguil

(< occit ganquil ‘rede’)

  1. s m [PESCA]

    Arte de arrastre que consiste nunha bolsa de rede alongada, sostida por un arco de ferro, e que se emprega para coller gambas e peixes pequenos.

  2. s m [MAR]
    1. Embarcación de pesca cun só pau con vela latina e coa proa igual ca a popa, que arrastra o gánguil.

    2. Embarcación moi plana, coa proa e a popa de igual forma, na que se transportan cara a alta mar os materiais extraídos polas dragas. De uso interior en portos, radas ou ríos, ten a parte máis ancha ocupada por un depósito illado do resto do casco, cunha especie de trapa no seu fondo, que pode abrirse desde a cuberta. Nese depósito vértese o lixo ou a lama que extraen as dragas e, unha vez cheo, o gánguil é remolcado lonxe da costa, onde se baleira abrindo a trapela.

Palabras veciñas

gángster | gangsterismo | Gangtok | gánguil | Ganimedes | Ganimedes | ganir