Gante, Guillerme de
Prateiro. De orixe flamenga, traballou en Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para Santa Eulalia de Arca (O Pino, 1561), diversas obras para o convento de San Francisco de Viveiro (1562), unha cruz para a igrexa de Santiago de Pontedeume (1563), unha cruz para o mosteiro de Santa María de Oseira (1564-1566) e unha vasilla para a auga bendita acetre co seu hisopo para San Salvador de Celanova (1565). Por motivos que se descoñecen foi desterrado de Santiago en 1566. Ao seu regreso realizou, entre outras obras, unha cruz para Santiago de Franza (Mugardos, 1568), dous candelabros de prata (1571) e un cáliz de prata (1574) para a catedral de Tui, unha custodia para a capela da Corticela (1578) e unha lámpada de prata para San Martiño Pinario.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela