Ganzhou
Ganzhou
Nome científico: [Wade Kan-chou; ant Ganxian (Wade Kanhsien)]
Cidade do sheng de Jiangxi, na rexión do Centro-sur, China (220.129 h [1990]). Sitúase na confluencia de diversos sistemas fluviais. Desde 1949 experimentou unha expansión demográfica paralela ao desenvolvemento industrial. Ten construción de maquinarias e motores, manufacturas de madeira, produción de papel e refinería de azucre. É un centro comercial.