Gap
Gap
Capital do departamento de Altos Alpes, Francia (36.262 h [1997]). A súa situación nunha encrucillada de vías de comunicación converteuna nun centro comercial e desde hai pouco nun núcleo industrial. Antigo campamento romano co nome de Vapiricum, constituíu na Idade Media un importante centro comercial do val do Rhône. Do seu patrimonio cultural destacan a casa do concello (s XV) e a igrexa dos Cordeliers (s XVIII).