Garay, Juan de

Garay, Juan de

Conquistador. Participou nas campañas de conquista do val de Tarija e na fundación de Santa Cruz de la Sierra (1561), onde recibiu unha encomenda e foi nomeado rexedor do cabido. En 1568 trasladouse a Asunción e obtivo o cargo de alguacil maior das provincias de La Plata. En 1573 fundou Santa Fe de la Vera Cruz no leito do río Paraná e en 1574 San Salvador no leito do Uruguay. Nese mesmo ano recibiu o cargo de tenente gobernador e capitán xeneral de todas as provincias do Río de La Plata. En 1576 foi o encargado da reconstrución no esteiro do Río de La Plata do antigo forte de Nuestra Señora del Buen Aire, fundado en 1536 por Pedro de Mendoza, e que deu lugar á cidade de Bos Aires.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Orduña, Bizkaia

  • Deceso