Garci, José Luis

Garci, José Luis

Realizador e produtor cinematográfico. Comezou como crítico de cine, guionista e fixo pequenas curtametraxes. O seu primeiro éxito foi o filme Asignatura pendiente (1977), ao que seguiron Las verdes praderas (1979) e El crack (1981). En 1982 rodou Volver a empezar, coa que conseguiu un Oscar. Outras películas súas son Sesión continua (1984), Asignatura aprobada (1987), Canción de cuna (1994), El abuelo (1998), You’re the One (2000) e Historia de un beso (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid