García II de Pamplona

García II de Pamplona

Rei de Pamplona (925-970) e conde de Aragón (García I), fillo de Sancho I de Pamplona e de Toda. De nome García Sánchez I, casou coa filla do conde de Aragón, Andregoto Galíndez, co que vinculou o condado aragonés ao Reino de Pamplona. Vasalo de ‘Abd al-Ra ḥ mān III durante a rexencia da súa nai, axudou a Ramiro II de León na Batalla de Simancas (939). Trala subida ao trono do califa al-Hakam, enfrontouse a el ao negarse a entregarlle o seu prisioneiro, o conde Fernán González. No 962 asinou unha alianza co rei de León e os condes de Castela e Barcelona contra o califa cordobés, o que provocou sucesivas acometidas musulmanas nas que se perderon varias prazas, como Atienza e Calahorra (968).