García Arenal, Fernando

García Arenal, Fernando

Enxeñeiro e profesor. En 1875 rematou a carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos e foi destinado a Gijón como director-xefe das obras do porto. En 1889 trasladouse, provisionalmente, a Pontevedra e, en 1890, foi destinado a Vigo como enxeñeiro civil do porto, onde recibiu (1892) a visita de Francisco Giner de los Ríos. Foi accionista e continuador das tarefas que desenvolvía súa nai, Concepción Arenal, na Institución Libre de Enseñanza, ademais de participar nas excursións instrutivas (1879-1880). Foi un dos impulsores da realización da primeira colonia escolar do Museo Pedagógico Nacional (1887). En 1890 consta como profesor de mecánica aplicada na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como director deste centro (1895-1901), proxectou o seu espírito institucionista e contribuíu á formación da clase obreira e elaborou un novo regulamento da escola. Os seus presupostos educativos (máis intuitivos e en contacto coa realidade) quedaron reflectidos no BILE (1892). Xunto con Fernando Conde e Ramón Gil, achegou as súas experiencias instrutivas para sentar as bases das Colonias Escolares de Vigo (1904). É autor de Memoria sobre el estado y el progreso de las obras del puerto de Vigo (1905).

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso