García Calvo, Agustín

García Calvo, Agustín

Filósofo, filólogo e escritor. Catedrático de Linguas Clásicas nas universidades de Sevilla e Madrid, foi expulsado da universidade en 1965 por amosar o seu apoio a unha protesta estudantil contra o réxime franquista. En 1976 recuperou a súa cátedra, pero decidiu abandonala. Centrou os seus estudios filosóficos, seguindo as principais correntes europeas, en asuntos de análise lingüística, poñendo de manifesto as relacións ideolóxicas que se dan entre os modos de dicir e os modos de ser. Das súas obras literarias destacan Canciones y soliloquios (1976) e Del tren (40 notas o canciones) (1976), as comedias Feniz o la manceba de su padre (1976), Tres farsas trágicas y una danza titánica (1980), e o drama Ismena (1980) e a novela erótica Qué coños? (1990); e entre a súa obra ensaística Sermón de ser y no ser (1972), Lalia. Ensayos de estudo lingüístico de la sociedad (1973), Del lenguaje (1979), Lecturas presocráticas (1981), Historia contra tradición. Tradición contra historia (1983), Razón común (1985), Contra el tiempo (1993) e De Dios (1996). En 1990 obtivo o Premio Nacional de Ensayo por Hablando de lo que se habla.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Zamora