García Fernández, Xosé Lois

García Fernández, Xosé Lois

Arquiveiro e escritor. Licenciado en Xeografía e Historia. Director do Arxiu Històric Municipal e responsable de patrimonio histórico do concello de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Instalado en Barcelona, en 1972 creou IDGA (Irmandade Democrática Galega), na que creou a revista O Mallo. Foi vicepresidente da Asociación de Amigos de la ONU e en 1972 presentou un informe sobre a situación das nacionalidades de España. Foi autor dos ensaios Castelao i Catalunya (1979), Nacionalidades colonizadas de Europa Occidental (1980), Castelao dende Catalunya (1988) e Os trobadores das terras de Chantada (2001). Publicou, entre outros libros de poesía, Do Faro ao Miño (1978), Memoria doutros corpos (1979), Aquarium: 1976-1981 (1982), Tempo precario (1972-1987) (1988), Paixón e rito (1993), Círculo de luz e xisto (1994), Rosto incompleto (1996), a obra teatral A proclama (1996) e os contos Xente de inverno (1995). Colaborou, entre outras obras, en Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galegas aos que loitaron pola liberdade (1995), Sursum corda: poesía galego-portuguesa ao viño (2000) e Manuel María: libro homenaxe (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lugo