García Martínez, Manuel Carlos
Arqueólogo e prehistoriador. Director do Museo do Pobo Galego. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1968). En 1967 ingresou na sección de Arqueoloxía e Prehistoria e en 1970 na de Etnografía e Folklore do Seminario de Estudios Gallegos, do que tamén foi bibliotecario (1974-1979). Foi bolseiro do CSIC, membro fundador do Museo do Pobo Galego, membro da comisión xestora do novo Seminario de Estudios Gallegos, patrón fundador da Fundación Castelao, do Padroado da Fundación Pedrón de Ouro e presidente do Consello Galego de Museos. Realizou traballos de campo e escavacións arqueolóxicas e participou en numerosos congresos. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial, Compostellanum e Boletín do COAG. Colaborou en Galicia Eterna (1980-1981) e Fermín Bouza-Brey: unha fotobiografía (1999) e escribiu De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes (1999). É académico correspondente da Real Academia Galega.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela