García-Lombardero Viñas, Jaime

García-Lombardero Viñas, Jaime

Economista. Foi profesor de Historia e Institucións Económicas na Universidad Complutense de Madrid e no Colegio Universitario de Estudios Financieros de Madrid (1969-1973). En 1974 acadou a cátedra de Historia e Institucións Económicas, que exerceu nas universidades de Málaga e Santiago de Compostela, onde dirixiu a primeira tese doutoral escrita e lida en galego (1977) e na que promoveu a incorporación de materias de historia económica de Galicia no Plan de Estudios da facultade de Ciencias Económicas. No ámbito da Comunidade Europea encargouse da dirección xeral de Pesca (1990-1991), de Política Rexional e de Cohesión da Comisión Europea (1992-1998) e da comisión de Ampliación, dirixindo o equipo de negociación para a adhesión á UE cos dez países candidatos. É autor de Agricultura y Estancamiento Económico de Galicia (1973).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo