Gardiner, Stephen
Gardiner, Stephen
Prelado e político inglés. Iniciou a súa carreira política como secretario de T. Wolsey, a quen acompañou na súa viaxe a Roma (1528) para obter a anulación papal do matrimonio entre Enrique VIII e Catarina de Aragón. Nomeado secretario de Estado e bispo de Winchester en 1531, xustificou a supremacía do poder real sobre os asuntos eclesiásticos, aínda que permaneceu fiel á Igrexa Católica e foi abandeirado da oposición ao protestantismo. Durante o reinado de Eduardo VI, prendérono (1548) e depuxérono da dignidade episcopal (1551), pero trala chegada ao poder de María I de Inglaterra, foi restablecido na sede de Winchester e nomeado gran chanceler do Reino (1553). Das súas obras destacan De vera obedientia (1535) e Palinodia (1554).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bury Sant Edmunds -
Deceso
Lugar : Whitehall