Garonne
Garonne
Río de Europa Occidental. Nace en España, no Val de Arán, descende os Pireneos e penetra en Francia, na Gascoña. O seu curso adopta unha dirección NO, para virar despois ao NL, ata que chega a Toulouse, onde recobra a dirección NO. Pasa por Agen e Bordeos e desemboca no esteiro da Gironde, no Océano Atlántico, despois dun percorrido de 525 km de lonxitude. Co Ariège recolle todas as augas da vertente norte da maior parte do Pireneo Oriental. O Garonne constitúe, xunto co Ródano, a grande arteria fluvial de comunicación do S de Francia (a canle do Midi), que comunica o Océano Atlántico co Mar Mediterráneo.