Garrick, David
Garrick, David
Actor e dramaturgo británico. Seguiu a corrente realista da interpretación. Destacou o seu traballo cos personaxes de Shakespeare, autor que contribuíu a recuperar, organizando en 1769 en Stratford-upon-Avon un festival para celebrar o xubileu do dramaturgo inglés. Desde 1747 foi empresario e primeiro actor no Covent Garden e despois no Drury Lane, desde onde puxo en marcha unha fonda reforma da escena londinense que afectou á simplificación da posta en escena, á mellora da iluminación ou á ruptura cunha interpretación ampulosa e afectada. As súas obras (arredor de corenta) son sobre todo adaptacións. Con George Colman escribiu The Clandestine Marriage (1766), convertida en ópera por Cimarosa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hereford -
Deceso
Lugar : Londres