Garrido y Tortosa, Fernando

Garrido y Tortosa, Fernando

Escritor e político. En 1845 trasladouse a Madrid onde fundou o xornal La Organización del Trabajo, defensor do fourierismo, e colaborou na sociedade secreta Los Hijos del Pueblo. Exiliado en Londres (1851-1854), entrou en contacto co socialismo internacional. Ao seu regreso publicou o xornal Las Barricadas e un opúsculo no que defendía a República federal, que lle custou un novo desterro, esta vez en Lisboa e Londres. Regresou co Sexenio e foi elixido deputado por Cádiz (1869) e por Sevilla (1872), e nomeado intendente xeral de Filipinas ao proclamarse a República. Coa Restauración exiliouse ata finais de 1879. Entre as súas obras cómpre citar La república democrática federal universal (1856) e Historia de las clases trabajadoras (1870). Baixo o pseudónimo de Alfonso Torres de Castilla publicou a obra en seis volumes Historia de las persecuciones políticas y religiosas (1863-1866).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cartagena

  • Deceso

    Lugar : Córdoba