Garriga, La
Garriga, La
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (10.476 h [1996]). A industria está moi diversificada. A función balnearia e de veraneo, desenvolvida a partir de mediados do s XIX co balneario de Blancafort grazas ás fontes de augas mineromedicinais, complementa as actividades económicas. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial (s XVIII) e unha serie de vivendas modernistas, como a Pascual, a Pujades, a Furriols, a Bosch e a Colom.