gascón -na

gascón -na

(< topónimo Gascoña)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Gascoña, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Gascoña.

  3. s m [LING]

    Dialecto do occitano, con trazos lingüísticos moi diferenciados, falado en Gascoña e no Val de Arán, onde se fala unha variante do gascón (o aranés). Caracterízase, entre outros trazos, pola aspiración do f- latino (hèsta ‘festa’), caída do -n- intervocálico (lua), reforzo vocálico do r- (arròda ‘roda’) e redución de -nd- a n (estona ‘un pouco’).