gasolina

gasolina

(

  1. s f [QUÍM]

    Líquido facilmente inflamable, incoloro, non tan denso como a auga (densidade relativa: 0,70-0,75), que se obtén do petróleo por destilación directa entre os 60° e os 200°C, ou ben por cracking das fraccións pesadas. Quimicamente é unha mestura de alcanos, cicloalcanos e compostos aromáticos de 4 a 12 átomos de carbono e, ás veces, de alquenos. Emprégase principalmente como carburante nos motores de combustión interna.

  2. gasolina de aviación [TECNOL]

    Combustible especialmente preparado para o seu emprego nos motores de combustión interna dos avións. Presenta un índice de octanos superior a 100 (fortemente etilada), e o seu punto de conxelación ten que ser inferior a -60°C. O consumo desta gasolina reduciuse polo feito de que o motor de pistóns foi desprazado totalmente polo turborreactor.

  3. gasolina sen chumbo [TECNOL]

    Gasolina que emprega como aditivos antidetonantes compostos osixenados, como alcois ou éteres, co que se evita o uso do tetraetilplomo Pb(CH 2 CH 3 ) 4 e se reducen os problemas medioambientais que ocasiona a súa liberación polo tubo de escape dos automóbiles en forma de óxidos e de haluros.

Palabras veciñas

gasohol | Gasol i Sàez, Pau | gasóleo | gasolina | gasolineira | gasometría | gasómetro