Gasol i Sàez, Pau
Xogador de baloncesto. Comezou a xogar ao baloncesto no equipo do seu colexio de onde máis tarde sería fichado polo Cornellà. Na temporada 1997/98, ingresou no F.C. Barcelona, co que debutou na liga española de baloncesto (liga ACB) en 1999 e co que gañou dúas Ligas e unha Copa do Rei. A súa carreira nos Estados Unidos comezou cos Atlanta Hawks no ano 2001 pero axiña foi transferido aos Memphis Grizzlies, onde gañou o premio ao Rookie (novato) do ano. No ano 2006 converteuse no único xogador dos Grizzlies e no único español en xogar o partido das estrelas, o All-Star Game de Houston, no que participan os 24 mellores xogadores do ano da NBA. Dende o 2008 xoga no equipo Los Angeles Lakers, cos cales en xuño de 2009 venceu na final da NBA ante os Magic e converteuse no primeiro español en gañar o anel de campión. Gasol xoga coa selección española dende 1998 e debutou na absoluta no 2001. Con esta selección conseguiu títulos en case todas as categorías, incluíndo o campionato de mundo no 2006. O seu irmán, Marc Gasol é tamén xogador profesional de baloncesto.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sant Boi de Llobregat