Gasset Artime, Eduardo

Gasset Artime, Eduardo

Político e xornalista. Compaxinou o traballo na administración coa colaboración nas publicacións Novedades e Semanario Pintoresco, que pasaron a ser da súa propiedade en 1855. Obtivo representación como deputado moderado polos distritos de Padrón, Pontecaldelas e Santiago de Compostela (1858-1866) e foi nomeado gobernador da provincia de Pontevedra (1865). En 1862 fundou o xornal El Eco del País, órgano oficioso do partido unionista, e o 16 de marzo de 1867 El Imparcial, xornal que se converteu no voceiro dos artífices da revolución de 1868. Durante o Sexenio foi deputado por Santiago de Compostela, Cambados e Padrón e, favorable á solución monárquica, foi un dos persoeiros que viaxou a Italia para escoltar ata España a Amadeo de Savoia. En 1872 Zorrilla nomeouno ministro de Ultramar, pero a desconformidade respecto á abolición da escravitude nas posesións americanas obrigouno a dimitir. Fundou en 1870 o xornal La Ilustración de Madrid. Aceptou a monarquía restaurada en 1874 e foi deputado por Padrón (1878-1881).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso

    Lugar : Madrid