Gassman, Vittorio

Gassman, Vittorio

Actor cinematográfico e teatral italiano. En 1943 debutou como actor de teatro. Fixo varias obras da man de Luchino Visconti antes de iniciar a súa carreira cinematográfica, como Troilo e Cresida ou Un tranvía chamado desexo. En 1952 creou, con Luigi Squarzina, a compañía Teatro de Arte, coa que presentou Hamlet. En 1960 iniciou unha nova andaina co Teatro Popular Italiano, onde contou coa colaboración de Luciano Lucignani. Con esta compañía ofreceu en 1962 no teatro grego de Siracusa unha versión completa da Orestía de Esquilo, na que colaborou Pier Paolo Pasolini como tradutor e adaptador. A finais dos setenta e principios dos oitenta volveu realizar espectáculos como Gassman en subasta (1976) ou Una noche con Vittorio Gassman (1983). O seu primeiro éxito no cine foi co filme Riso amaro (1949), ao que seguiron moitos outros títulos, como Anna (1951), La tratta delle bianche (1952), Cry of the Hunted (1953), The Glass Wall (1953), Rhapsody (1954), Mambo (1954), I soliti ignoti (1958), La Grande Guerra (1959), Il sorpasso (1962), Slalom (1964), Il profeta (1967), L’udienza (1971), A Weeding (1978), La terrazza (1980), Paradigme (1985), La famiglia (1987), Sleepers (1996) e La Bomba (1999). Tamén dirixiu e produciu catro películas e obtivo numerosos galardóns e premios ao longo da súa dilatada carreira, entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1997).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Xénova

  • Deceso

    Lugar : Roma