gasto
gasto
(< gastar)
-
s
m
Acción e efecto de gastar. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Onde o gasto é máis que o proveito, dade o trato por desfeito”.
Ex: Fixo un gasto importante cando montou a empresa.
-
s
m
Excrementos dalgúns animais, especialmente cans, raposos e lobos.
Ex: Seguiron o rastro do golpe polo seu gasto máis recente.
-
s
m
Conxunto de detritos de algo.
Ex: Despois da festa houbo que recoller todo o gasto.
Refráns
- A facenda do perdido: non ter nada e telo todo comido.
- A quen come ben o pan, é pecado o compango que lle dan.
- Casa, na que mores; pero máis non compres.
- Moitas mans nun prato logo tocan a rebato.
- Moitos son a comer e poucos a facer.
- Non extendas a chanca máis do que dá a manta.
- O moito gastar trae o moito langrear.
- Onde hai saca e non se pon, logo se acaba o bulsón/se chega ao fondón.
- Onde un quita e nunca pon, logo chegará ao fondón.
- Os bens do sancristán, por onde veñen, van.
- Os cartos do sancristán cantando se veñen e cantando se van.
- Quen come e deixa, dúas veces pon a mesa.
- ¡Malla o dente que come a semente!