Gastón

Gastón
[ONOM]

Antropónimo de orixe descoñecida; probablemente veña dun caso oblicuo do nome xermánico Gasto, Gastonis (s X), procedente da voz común *gastiz ‘estranxeiro’, ‘hóspede’, feito que o vincularía co latín hostis ‘inimigo’. Non obstante , para algúns investigadores trataríase dunha simple variante do nome étnico francés Gascon ‘gascón’.