Gata
Gata
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na serra de Gata, no sector noroccidental da provincia, no límite coa de Salamanca (2.013 h [1996]). Destacan os labores agrícolas e gandeiros. Coñecida en época romana co nome de Catóbriga, foi conquistada aos árabes no 1212. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o dolmen de Robledillo de Gata, a torre árabe da Almenara e o convento de Nuestra Señora de Monteceli (s XVI). O conxunto histórico da vila foi declarado Ben de Interese Cultural en 1995.