Gata, serra de
Gata, serra de
Serra da Península Ibérica, no O do Sistema Central, que serve de límite das provincias de Salamanca (Castela e León) e Cáceres (Extremadura). Esténdese en dirección SO-NL, paralela ao val do río Alagón, ata a fronteira portuguesa. Constitúe un bloque fracturado formado por materiais graníticos e xistosos. Culmina no alto de Jalama, de 1.592 m de altitude.