Gata de Gorgos
Gata de Gorgos
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (5.070 h [1996]). Destacan os cultivos de améndoas, viño, ervellacas e oliveiras. No regadío predominan os cítricos. A partir de 1930, desenvolveuse a industria de novos materiais, como a espadana, a rafia, e a palma tropical, e comezou a impoñerse a industria dos mobles de xunco e cana de orixe tropical. De orixe musulmana, Xaime I o Conquistador arrebatoulla aos árabes en 1250.