gateira

gateira

(

  1. s f

    Burato que se fai na parte baixa da porta da casa para entraren e saíren os gatos cando esta está pechada.

    Ex: Creo que se coou un rato pola gateira.

    Sinónimos: postigo, poxigo, trapela.
  2. s f

    Abertura pequena no teito para que entre a luz e ventile.

    Ex: A auga entra pola gateira do faio.

  3. s f

    Parte da cociña de leña onde se xunta e recolle a borralla.

    Ex: Hai que limpar a gateira que xa está chea.

    Sinónimos: borralleira, cinseira, cinseiro.
  4. s f

    Abertura no valado dun prado para que entre e saia a auga.

    Ex: A gateira atoouse polo bulleiro que se formou.

    Sinónimos: augueiro, caneiro.
  5. s f

    Lugar polo que rompe unha presa ou unha canle para desviar a auga a un prado ou un muíño.

    Ex: Fixeron unha gateira na canle e agora a nós chéganos menos auga ca antes.

    Sinónimos: augueiro, torna.
  6. s f [MAR]
    1. Burato feito na porta ou parede ou na cuberta dunha embarcación para o paso das amarras, entre outros fins.

    2. Cada un dos furados da caixa de cadeas ou cabos de amarre por onde saen estes, a través dun tubo de ferro, para soster a áncora.

    3. Tubo que sobe desde o fondo da caixa de cadeas ata o escobén.

    4. Abertura da regala, nos veleiros, por onde pasan os cabos de amarre.