gateira
(
-
s
f
Burato que se fai na parte baixa da porta da casa para entraren e saíren os gatos cando esta está pechada.
Ex: Creo que se coou un rato pola gateira.
Sinónimos: postigo, poxigo, trapela. -
s
f
Abertura pequena no teito para que entre a luz e ventile.
Ex: A auga entra pola gateira do faio.
-
s
f
Parte da cociña de leña onde se xunta e recolle a borralla.
Ex: Hai que limpar a gateira que xa está chea.
Sinónimos: borralleira, cinseira, cinseiro. -
s
f
Abertura no valado dun prado para que entre e saia a auga.
Ex: A gateira atoouse polo bulleiro que se formou.
Sinónimos: augueiro, caneiro. -
s
f
Lugar polo que rompe unha presa ou unha canle para desviar a auga a un prado ou un muíño.
Ex: Fixeron unha gateira na canle e agora a nós chéganos menos auga ca antes.
Sinónimos: augueiro, torna. -
s
f
[MAR]
-
Burato feito na porta ou parede ou na cuberta dunha embarcación para o paso das amarras, entre outros fins.
-
Cada un dos furados da caixa de cadeas ou cabos de amarre por onde saen estes, a través dun tubo de ferro, para soster a áncora.
-
Tubo que sobe desde o fondo da caixa de cadeas ata o escobén.
-
Abertura da regala, nos veleiros, por onde pasan os cabos de amarre.
-