Gateshead

Gateshead

Cidade do condado metropolitano de Tyne e Wear, en Inglaterra, dentro da área suburbana de Newcastle (206.200 h [1998]). Situada na ribeira S do río Tyne, ten unha área industrial propia, ao SO, con industria metalúrxica lixeira, de confección e de embalaxe. De orixes romanas, non se desenvolveu como cidade ata a Revolución Industrial. Do seu patrimonio cultural destacan a forxa de Winlaton Cottage (s XVII), o muíño de Path Head (s XVIII), Gibside Hall (s XVII), a ponte do Millenium e o Angel of the North, obra do escultor A. Gormley.