Gauchat, Louis

Gauchat, Louis

Filólogo suízo. Profesor na Universidade de Zúric, destacou polos seus escritos teóricos sobre dialectoloxía, nos que atacou as posicións dialectolóxicas dos neogramáticos con novas teorías sobre as fronteiras lingüísticas e a importancia das variedades da fala dunha localidade. Foi, ademais, un dos iniciadores do Glossaire des patois de la Suisse romande (a partir de 1924), obra que exerceu unha grande influencia entre os estudiosos do retorrománico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Les Brenets

  • Deceso

    Lugar : Lenzerheide