Gaucín

Gaucín

Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situada na Serranía de Ronda, entre os ríos Guadiaro e Genal (1.660 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan o castelo da Águila, a igrexa de San Esteban (s XV), a fonte dos Seis Caños (s XVII) e o convento carmelita (s XVIII).