Gauss, Carl Friedrich

Gauss, Carl Friedrich

Matemático, físico e astrónomo alemán. De familia humilde, extraordinariamente dotado para as matemáticas, estudiou na Universidade de Göttingen e doutorouse na de Helmstedt no 1799. Foi director do observatorio da Universidade de Göttingen, da que tamén foi profesor de astronomía. Considerado o matemático máis importante de todos os tempos, débenselle achegas transcendentais na teoría dos números e na álxebra: noción de congruencia, sistematización do uso de i= ?—-1, demostración rigorosa do teorema fundamental da álxebra, como a teoría de determinantes, etc. Deu novidades importantes nos campos da xeodesia e da cartografía, e pódese considerar o creador da xeometría intrínseca. Expuxo o método para determinar órbitas planetarias partindo de tres observacións do astro. Estableceu un sistema absoluto de unidades eléctricas, que se basea no CGS. Como físico, en colaboración con Weber, fixo investigacións sobre o magnetismo, colaborou no deseño dun telégrafo eléctrico, inventou o heliótropo e o magnetómetro. Das súas obras destacan Disquisitiones arithmeticae (1801), Theoria motus corporum coelestium (1809) e Disquisitiones generales circa superficies curvas (1827).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Brunswick

  • Deceso

    Lugar : Göttingen