Gautier, Théophile

Gautier, Théophile

Escritor e dramaturgo francés. De tendencia romántica, foi un dos fundadores do Petit Cénacle (1830) e un defensor da arte pola arte. Colaborou con Gérard de Nerval na revista Le Monde dramatique, onde iniciou unha longa traxectoria como crítico, que continuou en medios como La Presse ou Le Moniteur Universel, e participou activamente en diversas polémicas poéticas que tiveron lugar en Francia, particularmente a provocada en 1930 pola estrea do Hernani, de Víctor Hugo. Foi autor de varios libretos e escenografías para ópera, e formou parte do movemento poético parnasiano. Da súa produción destacan Les jeunes-France (1833), Mademoiselle de Maupin (1835), Émaux et camées (1852), Les Beux-Arts en Europe (1855), Capitaine Fracasse (1863) e Voyage en Russie (1867).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tarbes

  • Deceso

    Lugar : París