Gay, John

Gay, John

Escritor e dramaturgo inglés. Autor de varias comedias e traxedias, o seu maior éxito foi unha parodia das óperas italianas titulada The Beggar’s Opera (1728), que supuxo a consagración dun xénero novo, no que a farsa se acompañaba de cantigas e bailes que engadían dinamismo á acción e maior riqueza á posta en escena. Bertolt Brecht escribiu a súa obra A ópera de tres centavos a partir do texto de Gay e Roberto Vidal Bolaño fixo o mesmo cunha adaptación que titulou A ópera de a patacón, estreada en 1994 por Teatro do Aquí. Da súa produción tamén destacan The Mohocks (1712), What-d’ye-call-it (1715), The streets of London (1716), Acis and Galatea (1723) ou Fables (1727).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barnstaple, Devon

  • Deceso

    Lugar : Londres