Gejiu

Gejiu
Nome científico: [wade: Kochin]

Cidade do S do sheng de Yunnan, na rexión do Sudoeste, China, cerca da fronteira con Vietnam (214.294 h [1990]). Tradicional centro mineiro, está localizada na principal área produtora de estaño chinesa. Ademais do estaño tamén produce chumbo. Destaca, por outro lado, a produción de maquinaria e a industria química.