Gelida
Gelida
Municipio do Alt Penedés (3.903 h [1996]). O seu principal cultivo é a viña, seguido das oliveiras, froitas, cereais e hortalizas. Ten importancia a industria papeleira tradicional dende o s XVIII, con empresas como Guarro Casas; outras industrias dedícanse á elaboración de viño e aceite, hai unha fábrica de seda, talleres de confección, industrias alimentarias, de madeira e de moble. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo medieval, a igrexa de Sant Pere del Castell (s XII), a capela de santa Magdalena del Puig (s XIV) e o edificio da Unió del casal Gelidenc (s XIX).