gemmail*

gemmail*
s m [ARTE]

ariante do cristal consistente na xustaposición, sometida posteriormente a un tipo especial de cocción, de vidros de diferentes formas, cores e grosores. A peza obtida exhíbese iluminada por unha luz fluorescente que se filtra por detrás. Técnica creada nos anos vinte por Jean Crotti e perfeccionada por artistas como Roland e Roger Malherbe-Navarre, G. Roualt, P. Picasso, G. Braque, J. Villon e J. Cocteau. Emprégase para reproducir obras doutros medios pitóricos.