General Electric Company

General Electric Company

Empresa norteamericana fundada en 1882 da fusión da Edison General Electric Company e da Thomson-Houston Company, dedicada á produción de electricidade e aparatos eléctricos. Tras dominar o mercado dos aparatos eléctricos, diversificou os seus intereses, polo que desde 1955 produciu diamantes sintéticos e desde 1960 entrou no campo da electrónica coa participación maioritaria na Compagnie des Machines Bull. É un grande imperio financeiro e industrial dedicado a diversos sectores, como a industria aeroespacial, os electrodoméstico­s e o material eléctrónico.