Generalife
Generalife
Palacio de verán dos reis nazarís situado no Cerro del Sol, ao L da Alhambra, en Granada. Construído entre finais do XIII e comezos do XIV, no s XVI engadíronse edificios que destruíron a unidade do conxunto. O edificio é de pequenas dimensións. O máis destacado son os xardíns, con varios patios, fontes, grutas e terrazas, entre outros, os patios da Acequia e dos Cipreses.