Generalitat Valenciana
Generalitat Valenciana
Institución de autogoberno da Comunitat Valenciana, integrada polas Corts Valencianes, o presidente e o Govern Valencià ou Consell. Creada polo Estatut d’Autonomia del País Valencià de 1982, a potestade lexislativa corresponde ás Corts Valencianes e o Consell é o órgano con funcións executivas e administrativas. O presidente da Generalitat dirixe a acción do goberno e ostenta a máis alta representación da comunidade autónoma; é elixido polas cortes entre os seus membros.