Georgetown

Georgetown

Capital da República de Guyana, no centro da costa litoral atlántica, sobre os pantanos da desembocadura do río Demerara (254.000 h [1995]). Foi o núcleo máis importante da antiga colonia británica. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Saint George (s XIX) e de Saint Andrew Kirk, a State House e o edificio da Law Court.