Gerasa

Gerasa

Antiga poboación de Galaad, fundada cara ao 300 a C. Conquistada polo monarca asmoneo Alexandre Xaneo no 83 a C, formou parte da Decápolis a partir do 40 a C. Reconstruída polos romanos no 65, iniciou a súa expansión a partir do 106, cando Traxano anexionou a Nabatea ao Imperio Romano, e viviu unha etapa de esplendor durante os ss II e III. Converteuse en sé episcopal a partir do s V. Cidade de construción hipódroma, no extremo N presenta unha porta monumental construída por Traxano no 115; no extremo S, Adriano erixiu un arco de triunfo no 130. Entre os edificios de época romana sobresaen os templos de Artemisa, de Zeus e un foro elíptico da época de Diocleciano.