gestus*

gestus*
s m [ESPECT]

Termo latino empregado polo dramaturgo alemán G. E. Lessing para designar os movementos específicos das mans e do corpo. Posteriormente, Bertolt Brecht incorporou o termo ao seu proxecto de teatro épico, no que falaba dun xesto social que se traduce nunha actitude corporal, nunha entoación e nunha mímica particular de cada personaxe. Vsevolod Meyerhold na súa formulación dunha biomecánica teatral tamén desenvolveu a idea do xesto como elemento que define a actitude fundamental dun personaxe e que se pode manifestar en posturas, por iso o director ruso utilizaba habitualmente a técnica de conxelar o movemento para mostrar ou provocar ese xesto esencial de cada personaxe.