Getxo

Getxo

Municipio de Bizkaia, Euskadi, situado na beira dereita da ría de Nerbión (82.196 h [1996]). A capital municipal é Algorta. Está moi influenciado pola proximidade de Bilbao e constitúeno diversos núcleos de poboación, que actualmente forman unha conurbación. Antiga zona residencial de Bilbao, industrializouse durante o s XX. Do seu patrimonio cultural destacan os palacios dos barrios de Neguri e Las Arenas.