Ghates
Serra da India formada polos límites abruptos do Deccan, separada do mar de Arabia e do golfo de Bengala polos Ghates Occidentais e Orientais, respectivamente, que converxen ao S de Mysore, onde se forma un solo macizo montañoso. Os Ghates Occidentais esténdense, ao O do Deccan, paralelos á costa e a pouca distancia dela, dende o río Tāpti ata o cabo Comorin (1.600 km de lonxitude). Culminan no Anaimundi (2.695 m). As vertentes da costa malabar son ricas en bosques densos, dos que se obteñen madeiras preciosas. Os Ghates Orientais esténdense polo L do Deccan, dende Mahānadī, ao N, ata o monte Nīlgiri, ao S. Forman unha serie de macizos atravesados polos ríos Godavari, Krishna, etc, que procedían dos Ghates Occidentais. A vexetación é de sabana e de bosque claro.