Giaever, Ivar

Giaever, Ivar

Físico noruegués. Estudiou enxeñería no Instituto Tecnolóxico de Trondheim e física no Instituto Politécnico de Troy (Nova York), onde se doutorou (1964). Traballou na General Electric en Canadá e nos EE UU. Realizou investigacións sobre as aplicacións do efecto túnel e a supercondutividade, polo que compartiu con L. Esaki e B. D. Josephson o Premio Nobel de Física no ano 1973.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bergen, Hordaland