Gibraleón

Gibraleón

Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no baixo val do río Odiel (11.166 h [1996]). No termo está o encoro de El Sancho, que permitiu a extensión do regadío. En secaño, cultívanse cereais, oliveiras e viña. Hai actividade industrial (fábricas de cemento, materiais de construción e produtos alimentarios) e comercial. Conquistada aos árabes por Afonso X o Sabio, Carlos V converteuna en marquesado e concedeulla a Alfonso de Zúñiga.