Gibson, Mel
Gibson, Mel
Actor e realizador cinematográfico estadounidense. Debutou como actor en varias obras de teatro e como actor secundario en varias películas, aínda que se deu a coñecer en Mad Max (1978). Da súa filmografía destacan títulos como Gallipoli (1981), Mad Max 2 (1981), The Year of Living Dangerously (1982), Mad Max Beyond Thunderdome (1985), Lethal Weapon (1987), Lethal Weapon 2 (1989), Lethal Weapon 3 (1991), Forever Young (1992), Man Without Face (1993), Braveheart (1995), Ransom (1996), Lethal Weapon 4 (1998), The Patriot (2000) e Signs (2002). Como realizador destacan os filmes Man Without Face (1993) e Braveheart (1995), polo que gañou un Oscar ao mellor director.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Peekskill, Nova York